31 diciembre, 2008
04 septiembre, 2006
OUTONO
Mantos dourados recobren
os ata onte verdes campos,
os ata onte verdes campos,
estremecido tapiz
das pegadas dos camiños.
Doce arrecendo
de terra mollada.
Outono!
das pegadas dos camiños.
Doce arrecendo
de terra mollada.
Outono!
24 agosto, 2006
A PASTORiZA POR SAN MIGUEL
Era San Miguel. Un ano máis subiamos ata Pastoriza a pé...
A avoa sempre nos levaba da man, era o derradeiro parentese do verán ante o comezo da escola, o arrecendo de libros e cadernos novos e o calor do sol aínda forte na pel.
-Falta moito?
-Non, mirade, xa xe ve o alto... Alí está a Señora.
Os pés cansos, o camiño facíasenos largo e un pouco pesado, a verdade, Amelia non falaba moito e nós devecíamos polos seus contos.
-Por que non viñemos no bus avoa?
Nese intre decateime que non nos preguntara se queriamos ir ou non, dixer: “mañá imos a Pastoriza”, e alí estabamos cansos, sedentos e aburridos.
-Porque ten que ser a andar, é unha promesa e as promesas ai que cumplilas –dixo, ca voz especial que só usaba cando falaba de Xacinto, o seu irmá.
Aquel caravel alto e guapo de ollos verdazuis coma o mar, compañeiro de xogos e segredos co que tanto nos facía rir falando das súas trasnadas ata que o conto remataba con un: Ai!
Xacinto fora cos amigos, como tantas veces a nadar As Canas e na incosciencia da mocidade, ou porque tiña que ser, marchara como a avoa dicía a nadar no mar do ceo porque xa non lle chegaba o noso.
E Amelia calaba e mirándome aos ollos, dicía “coma os teus”, sorría e comezaba outro conto, pero ese día non, premeume a man con forza e mirou lexos.
-Veña, non sexades mixiricas, xa falta pouco, non fagades esperar á Señora.
Moitas veces subín, e ata comprendín máis tarde o por qué daquela aperta da avoa, pois ela sabía xa que eu ía sentir no corazón a mesma ausencia.

Hoxe en Barrañán vin o verdazul do mar da avoa, e a Xacinto sorrir canda ela xogando coas ondas...
Despois, ao chegar á casa alguén dixo que era o día de San Xacinto
22 junio, 2006
FESTIVAL FIN DE CURSO

Onte tivo lugar no Centro Cívico de Arteixo o festival de fin de curso.
O Lagarto estivo presente coa súa sección "As nosas mascotas" no programa realizado en directo por Radio Furoca´.
Radio Arteixo retransmitirá este programa nos vindeiros días.
"As nosas mascotas", despertaron fortes aplausos dos asistentes, lidas en directo polas nosas colaboradoras:
Gabriela Arijón e Marta Mª Veira
FELICES E MERECIDAS VACACIÓNS
15 junio, 2006
PASATEMPOS

Case sen nos decatar vai rematar o curso, este xuño de exames, prisas, nervios e probas está marchando.
Para que non perdades o sorriso, velaquí tedes a oferta de O Lagarto para os próximos días.
Sudokus a esgalla!
30 mayo, 2006
TRES, ERAN TRES
25 mayo, 2006
AS NOSAS MASCOTAS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)