Mostrando entradas con la etiqueta Pasatempos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pasatempos. Mostrar todas las entradas

15 junio, 2006

PASATEMPOS




Case sen nos decatar vai rematar o curso, este xuño de exames, prisas, nervios e probas está marchando.

Para que non perdades o sorriso, velaquí tedes a oferta de O Lagarto para os próximos días.

Sudokus a esgalla!

22 mayo, 2006

E VAN TRES...

Propoñemos un novo enigma:



Un parrulo de diante de dous parrulos;
Un parrulo no medio de dous parrulos
E un parrulo atrás de dous parrulos:
¿cantos serán os parrulos?


Noelia Nión recolle as solucións ao enigma.

15 mayo, 2006

SEGUNDO ENIGMA

Velaquí unha adiviña moi fermosa de Ánxela Franco:


"Caviladoras esmeraldas aluadas,

ollos saltóns;
de vran óense ranfuñar
á beira das augas mainas.

Ben saberedes quen son.

¿Si ou non?"


Agardamos a túa resposta, un premio suculento está a te esperar!

11 mayo, 2006

QUÉ SERÁ, QUÉ SEREI?

A redacción de O lagarto
convoca un concurso de
adiviñas.


Será considerado/a gañador/a
quen entregue primeiro
a solución ao enigma proposto.

Recibirá un premio moi suculento.


PRIMEIRO ENIGMA


"Verde e alargado

como a herba do prado;

nace no monte encolleito

e anda ao sol estalicado."


FLORES DE MAIO





"Aí ven o maio de flores cuberto
puxéronse á porta cantándome os nenos..."

O mes das flores, das nosas letras, das festas ...

A nosa Aula arrecende coma nunca, mirade cantas flores!



PRIMEIRA FLOR:


Aí vén o maio

pola rúa do Lagarto,

aí vén o maio

florecendo polos prados.




31 marzo, 2006

O LAGARTO NA RADIO



Os redactores de O lagarto

colaboran na programación

de Radio Furoca coa sección titulada:

"As nosas mascotas".

22 marzo, 2006

CHENOA E PICLI



Chenoa e Picli

nos visitaron

acompañando a


Borja e Jose

09 marzo, 2006

AS NOSAS MASCOTAS



Os nosos redactores

respectan e queren

a tódolos animais,

canto máis ás súas mascotas.