20 febrero, 2006

A PATINAR!



Borja Pérez e José Antonio,

reporteiros de O Lagarto,

entrevistaron a dous compañeiros

que foron patinar.

DEPORTES DE INVERNO



Un ano máis, @s alumn@s

de primeiro e segundo

patinarán sobre xeo

nas pistas instaladas

no Coliseum de A Coruña.

16 febrero, 2006

FELIZ NADAL E ANINOVO



Tódol@s alumn@s

das Aulas de Apoio

expresaron os seus

mellores desexos no Nadal.

EXTRA



O Lagarto publica unha

edición extraordinaria

por mor da misteriosa

desaparición de Jéssica.

A HISTORIA EN LENDAS




Marcos Suárez Lourenço

pasou ao galego a lenda do

Acueducto de Segovia.

DO OLYMPIC AO TITANIC



En novembro, O Lagarto

navegou no tempo pilotado

polo noso reporteiro

Marcos Suárez Lourenço.

15 febrero, 2006

O LAGARTO, O NOSO XORNAL



O LAGARTO

naceu para publicar

as nosas cousas,

traballos e noticias.

13 febrero, 2006

A TÚA AULA

Hai un lugar no corredor
para poder medrar,
axudar ao compañeiro,
facer pontes de papel,
esquecer o non sei,
dicir cousas bonitas,
debuxar os soños.


No alto de Pastoriza
onde os ventos zoan,
á beira da Furoca,
nas vellas terras de Arteixo
bravas coma o mar,
onda tí­ descubres
a fortaleza das súas xentes,
e a túa propia,

na túa Aula
para sempre...