30 mayo, 2006

TRES, ERAN TRES




Eran tres os parrulos, como deduxo a afortunada gañadora do concurso:

Gabriela Arijón Busto

Parabéns Gabriela, pasa a recoller o teu suculento premio!

25 mayo, 2006

AS NOSAS MASCOTAS




O Lagarto agradece

a súa colaboración

ás nosas lectoras:


Jéssica Expósito


e Gabriela Arijón



Parabéns por un traballo tan fermoso!

24 mayo, 2006

O MISTERIO DO EMBALSE



Jessi explica o que pasou no Embalse de Meicende.

22 mayo, 2006

E VAN TRES...

Propoñemos un novo enigma:



Un parrulo de diante de dous parrulos;
Un parrulo no medio de dous parrulos
E un parrulo atrás de dous parrulos:
¿cantos serán os parrulos?


Noelia Nión recolle as solucións ao enigma.

18 mayo, 2006

E A GAÑADORA É...



A solución ao segundo enigma

era : A RÁ

A gañadora do suculento premio:

Andrea Amado Peteiro

pode pasar a recollelo.

Parabéns Andrea!

Noelia Nión Torres



FLORES DE MAIO



SEGUNDA FLOR

Aí vén o maio

bailando pola Furoca,

aí vén o maio

trae o sol á nosa porta.



"Unha terra, un pobo, unha fala..."

17 mayo, 2006

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


17 DE MAIO DO ANO DE LUGRÍS

"Lévame ti, pois quero

contempl-as estrelas

na Quenlle misteriosa

que envolven as noítebras..."

Sada 1863- A Coruña 1940

15 mayo, 2006

SEGUNDO ENIGMA

Velaquí unha adiviña moi fermosa de Ánxela Franco:


"Caviladoras esmeraldas aluadas,

ollos saltóns;
de vran óense ranfuñar
á beira das augas mainas.

Ben saberedes quen son.

¿Si ou non?"


Agardamos a túa resposta, un premio suculento está a te esperar!

OBRADOIRO DE EXPRESIÓN



Recollimos nun cómic a representación con monicreques dun dos contos de Bruna.

Interveñen: Noelia, Mouhcine, Borja e Jose

12 mayo, 2006

E O VENCEDOR É...




Efectivamente a solución ao enigma era o lagarto como moi ben adiviñou:


Borja Pérez Calvete
Parabéns!

Pasa a recoller o teu premio

11 mayo, 2006

QUÉ SERÁ, QUÉ SEREI?

A redacción de O lagarto
convoca un concurso de
adiviñas.


Será considerado/a gañador/a
quen entregue primeiro
a solución ao enigma proposto.

Recibirá un premio moi suculento.


PRIMEIRO ENIGMA


"Verde e alargado

como a herba do prado;

nace no monte encolleito

e anda ao sol estalicado."


FLORES DE MAIO





"Aí ven o maio de flores cuberto
puxéronse á porta cantándome os nenos..."

O mes das flores, das nosas letras, das festas ...

A nosa Aula arrecende coma nunca, mirade cantas flores!



PRIMEIRA FLOR:


Aí vén o maio

pola rúa do Lagarto,

aí vén o maio

florecendo polos prados.